Receitas

BACALLAU Á CREMA CON GRELOS E PATACAS

Ingredientes
800 gramos de bacallau desalado en anacos. 1 folla de loureiro. 600 gramos de grelos cocidos e escurridos. 400 gramos de patacas. 200 gramos de margarina 1 chorrito de aceite de oliva. Medio litro de nata liquida. 2 dentes de allo. Queixo rallado para fundir.

Preparación
Pomos a quentar a margarina xunto cun chorrito de aceite de oliva nunha cazuela e engadimos os allos picados finos ata que se douren. Engadimos os grelos xa cocidos e escurridos cortados en anacos pequenos. Salteamos o conxunto durante 10 minutos. Engadimos a nata líquida, salpimentamos e reducimos a lume lento durante 5 minutos. Cocemos o bacallau co loureiro en auga fervendo uns minutos. Sacámolo e o escurrimos ben. Pelamos as patacas, cortámolas en rodajas grosas e cocémolas en auga fervendo con sal durante 20 minutos. Pomos nunha cazuela as patacas, encima colocamos os anacos de bacallau e pomos a salsa de nata cos grelos por encima. Espolvoreamos co queixo rallado e gratinamos no forno 5 minutos.
8 recetas.